Bolboretiña | vergonza e vergoña

Non sei porque sería, pero estaba pensando no túnel da Cañiza e viñéronme á cabeza estas dúas palabras: vegonza e vergoña. Cóntolles. Ás veces hai formas latinas das que proceden varias romances. Ou máis. Da “régula”, cousa dereita, dos romanos viñeron, por exemplo, rella (do arado), “reixa” (ventá), regra (de medir), regular, etc. Estas chámanse, como saben, “familia léxica”, por viren de antepasado común.
Así, da palabra “verecundia” latina, viñeron en galego, portugués e castelán, dúas palabras: vergonza (vergüenza en castelán) e vergoña (igual nas tres). Despois, por uso, en cada lingua foi preferíndose unha ou outra, aínda que nos dicionarios das tres linguas figuren ambas. Como saben, en castelán o habitual é vergüenza, menos en Canarias que, ou vén polo vello castelán ou pola influencia portuguesa, din popularmente vergoña. En Galicia, como saben, é tida por máis nosa “vergoña” e derivados, e así ten máis preseza literaria, aínda que as dúas son de uso popular. Poderiamos dicir, por exemplo, “Os que teñen sen empezar as obras do túnel son uns ineptos e incompetentes ou xentes sen vergoña (ou sen vergonza) ningunha.

Te puede interesar