Á busca dun novo millonario no Pereiro

photo_camera Una de las socias de la gasolinera que repartió dos premios del sorteo de la lotería nacional, María Gajardo, nos cuenta que recibió una llamada telefónica de uno de los ganadores.
O sorteo de Euromillones deixou o pasado venres un millón de euros no concello do Pereiro de Aguiar. A administración, unha estación de servizo do parque empresarial, xa ten experiencia en repartir premios, aínda que esta vez descoñecen quen é o agraciado.

No Pereiro de Aguiar están á busca dun novo millonario, e é que o sorteo de Euromillones do pasado venres deixou un millón de euros no concello, pero ninguén coñece a identidade do afortunado. O boleto, pertencente ao sorteo de "El Millón",  foi selado na estación de servizo Pereiro Park, situada no parque empresarial, en fronte da ITV, onde aseguran descoñecer o agraciado, aínda que unha das súas socias, María Gajardo, recoñecía estar "moi moi moi contenta" por ser a responsable de repartir sorte entre os seus veciños.

Pero esta non é a primeira vez que nesta administración de lotaría reparten unha boa suma de cartos. Foi en novembro do ano pasado, cando nesta gasolineira venderon unha parte do segundo premio da Lotería Nacional, outorgando 30.000 euros. Daquela, a satisfacción foi aínda maior, xa que coñeceron ao afortunado. "Acórdome perfectamente. Chamoume un sábado e preguntoume: 'Sabes quen son?' Contestei que non. Explicoume e xa me espetou: 'Déstesme o segundo premio da Nacional'", relata Gajardo. Desta vez, a chamada recibírona este martes, pero non foi do agraciado, senón da delegación para "confirmarnos que ese boleto estaba selado aquí".

A única pista que se coñece deste novo millonario é "que pasou por aquí, pero non temos nin idea de quen pode ser, e pode que nunca o saibamos". Ademais, esta administración ten un tráfico continuo de persoas, xa que, ademais de gasolineira e punto de venda de lotaría, tamén contan cunha tenda e unha cafetería.

Así, Gajardo estaría "encantada" de poder coñecer á única persoa que está máis feliz ca ela por este premio, ao que lle pide, "se pode ser", "que deixe algo aquí no concello, que boa falta nos fai a todos". Ademais, mantén a ilusión e as gañas "de seguir repartindo premios a todas as persoas que poidamos, que sempre trae felicidade".

Te puede interesar