Cada ourensán gastará 65/70 euros nas rebaixas

Cada ourensán gastará unha media entre 65 e 70 euros nas rebaixas que xa comenzaron na provincia pero que se farán de forma xeneralizada a partires do vindeiro luns, día 7. Así o asegura a Federación de Comercio de Ourense, que estima que as vendas durante esta época alcancen unha facturación semellante á do ano pasado (entre 80 e 85 millóns de euros a nivel Galicia). Lembra que este periodo de rebaixas chega para o comercio nun momento moi delicado debido á continuada retracción do consumo e a mermada capacidade adquisitiva da maioría de clientes potenciais.
O presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, sinala que 'estas rebaixas serán positivas porque servirán para mellorar resultados especialmente nos comercios de textil e calzado, que concentran a maior parte das vendas deste periodo (80%), e prevese que para paliar a desaceleración continuada do consumo e tamén para reducir stocks, aplicaranse descontos importantes. Segundo os datos manexados pola Federación, a maior parte dos comerciantes dende o inicio da tempada de rebaixas aplicarán descontos entre o 10% e o 50% do prezo dos artigos, mantendo este desconto durante o período que decidan ofertar ventas en rebaixas.

Estas son as primeiras rebaixas con liberdade de horario, e a maioría dos establecementos ourensáns mantiveron o pacto fixado entre pequenas e medianas empresas de non realizar ventas en rebaixas antes do comezo de 2013 coa finalidade de non confundir ao consumidor, pois xa non está vixente o calendario oficial, e os comerciantes poden levar a cabo este tipo de ventas cando o consideren oportuno. As rebaixas de inverno viñan supoñendo para o sector aproximadamente o 10% da facturación anual.

Te puede interesar