La Región

ENTREVISTA

“Sen Cadaval e Fonseca, Compostela é coma unha bici sen rodas" 

O doutor en Biblioteconomía e Documentación Julio Carnicero Méndez-Aguirre edita o anexo 39 do Boletín Auriense que se presentou no  edificio do Museo Arqueolóxico da Praza Maior

Julio Carnicero Méndez-Aguirre (JOSÉ PAZ).
Julio Carnicero Méndez-Aguirre (JOSÉ PAZ).
“Sen Cadaval e Fonseca, Compostela é coma unha bici sen rodas" 

O doutor en Biblioteconomía e Documentación Julio Carnicero Méndez-Aguirre edita o anexo 39 do Boletín Auriense que se presentou este mércores no  edificio do Museo Arqueolóxico da Praza Maior. Álvaro de Cadaval Valladares y Sotomayor (Tui, 1505 - Santiago de Compostela, 1575), humanista e erasmista galego, centra o estudo. Este galego foi o primeiro catedrático de Gramática na Universidade de Santiago, un cargo que abandonou, nas súas palabras, "fuxindo de furibundos inimigos". Anos máis tarde foi mestre na corte portuguesas. Din que morreu tolo e pobre. A súa vinculación con Ourense, aínda que por un periodo corto, tamén merece unha reseña.

¿Cal é a importancia desta biblioteca?

Foi o primeiro humanista galego conocido. No Pazo de Fonseca consérvase aínda unha inscripción súa. Foi mestre da corte portuguesa e toda a súa obra está publicada en Portugal. Pero curiosamente consérvanse catro obras que eran do colexio de Monterrey e que están na biblioteca da Universidade de Santiago. Este catálogo ten a súa obra completa, coas portadas dos libros. 

Di que deu moito traballo o estudo, cal é o motivo principal?

Porque quen o fixera, o profesor Francisco Ogando Vázquez, xa non vivía. Quixen manter a estrutura, non rescribir, e había que actualizado porque dende o 1972 non se facía.

Como é a biblioteca que se conserva deste galego?

É a biblioteca dun humanista do século XVI. Diccionarios, obras en grego... Era a que se conservaba en Santiago á hora da súa morte. Nada sabemos dos libros que tiña en Portugal. Tamén foi profesor de latín.  

En Ourense mantivo unha escola de latín. Que se conserva deste periodo no que se relacionou coa provincia?

Consérvase un contrato. Tamén estivo en Monterrey, pero son etapas moi pequenas.

Un ourensán, Otero Pedrayo, considérao o mellor representante do Renacemento en Galicia.

Si, é que en realidade é o primeiro humanista. Non hai tantos todos os días, se fóra en Salamanca... Pero en Galicia estaba incipiente a universidade, porque ía ser en Monterrey, pero fracasou o proxecto.

En definitiva, que significou Álvaro de Cadaval Valladares y Sotomayor?

Foi un personaxe único polas súas ideas erasmistas. Estaba conectado co pensamento último de Europa. Santiago de Compostela, sen Cadaval e Fonseca, é coma unha bicicleta sen rodas.