Crónica

Un Camiño, catorce nomes

peregrin
photo_camera Un grupo de peregrinos, nun tramo do Camiño Mozárabe

O historiador e director do arquivo da Catedral, Miguel Ángel González García, propón esta denominación xa que afirma que moitos peregrinos tomaban esta vía para visitar o Santo Cristo, unha devoción moi arraigada

Máis de 8.000 romeiros elixiron no que vai de ano a Vía de la Plata- Camiño Mozárabe para chegar a Compostela, unha vía que une o espíritu sureño das terras andaluzas e extremeñas có Finisterre galaico. Sen embargo, a esta "criatura" chámaselle de moitas maneiras. De feito, existen 14 nomes distintos para este camiño. 


O anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que data do 2 de xuño deste ano, decidiu bautizar a esta vía como "Camiño do Sudeste", denominación que rexeitan dende a asociación Amigos Vía de la Plata- Camiño Mozárabe de Ourense, que xa recurriu esta proposta. "Pretendemos que se lle chame Camiño Mozárabe xa que como moito é unha prolongación da Vía da Plata", explicou José Antonio Quintas, responsable dos temas culturais da asociación. Alegan, ademais, que o Camiño do Sudeste é unha terminoloxía que ninguén a coñece no estranxeiro. No sur de Andalucía, a influencia dos árabes foi moi importante; feito polo que os mozárabes, os cristiáns que estaban en territorio islámico, escaparon da invasión árabe a través "dos seus propios camiños que eles mesmos determinaron como mozárabes", explicou Rodríguez Cid.


O historiador e director do Arquivo da Catedral de Ourense, Miguel Ángel González García, rexeita a denominación de Vía de la Plata. "un erro histórico e que en todo caso sería unha desviación que vai dende Mérida a Astorga", explica. A súa proposta é chamarlle "Camiño de Ourense" xa que pasa por 25 concellos da provincia. Ademais, sinala que "moitos peregrinos tomaban este camiño porque querían vir visitar o Santo Cristo, unha devoción con moito arraigo", di. 

Vía da Plata
A Vía da Plata une Emerita Augusta (Mérida) con Asturica augusta (Astorga) pero o Camiño Mozárabe non chega ata esta última cidade xa que na Granja de Moreruela, en Zamora, desvíase a Puebla de Sanabria para entrar na provincia de Ourense. O presidente da Asociación Amigos Vía de la Plata- Camiño Mozárabe, Luis Rodríguez Cid, sinala que o motivo polo que os peregrinos elixen este camiño e non continúan ata Astorga para enlazar có camiño francés "é que son dos días menos de andaina", explicou.

En calquera caso, o término "Vía de la Plata" non ten que ver coa explotación ou o comercio deste mineral precioso senón que procede do árabe Bal'latta, unha palabra coa que os musulmáns designaron aquela vía pública e empedrada e de sólido trazado pola que se encamiñaban ao norte cristián.


A falta de documentos non permite a identificación dos primeiros romeiros que utilizaron o Camiño Mozárabe. "No século XI, temos constanza de que San Fabiano andaría este tramo do camiño dende Santiago ata Oseira, donde se quedou de monxe", dixo Miguel Ángel González García.


A Asociación Amigos Vía de la Plata- Camiño Mozárabe loita ahora pola identidade do camiño pero o seu compromiso remóntase a 23 anos atrás, momento no que apostou pola recuperación física e histórica do camiño a través das ensinanzas de Elisio Rivas Quintas, o seu presidente de honra. A sensibilidade dos alcaldes tamén foi importante nesta laboura. Foi o caso de Manuel Cabezas que fixo posible que se establecese o albergue de peregrinos dentro do complexo de San Francisco. 

Te puede interesar