Entrevista

Rosa Dorado: “Cando a xente vén a Ourense decátase de que pode quedar máis"

Rosa Dorado, delegada en Ourense da Asociación de Guías de Galicia, analiza as potencialidades da cidade

Medio centenar de guías turísticos galegos recibiron onte unha xornada formativa sobre "In Tempore Sueboum", un reclamo co que facer balance do resto de recursos. Rosa Dorado, delegada en Ourense da Asociación de Guías de Galicia, analiza as potencialidades da cidade.

Ourense, a gran descoñecida?

Si. Ourense nunca é a primeira opción. Cando un viaxeiro chega a Galicia vai a Santiago, ás Rías Baixas ou A Coruña. Cando volven, si que se fixan un pouco máis no interior e paran en Ourense. Coma non fumos sitio turístico no pasado, a xente non se espera gran cousa.

Máis xente de paso que “a tiro fixo"?

Si. Pero cando van á oficina de turismo ou falan cos guías danse conta de que poden quedar aquí máis días. Moitos repiten e van a Celanova, Allariz, Carballiño...

Os que marcan Ourense de primeira opción, que razóns teñen?

Creo que é xente que xa coñece Galicia e buscan zonas descoñecidas, con máis valor e onde poden fuxir do tumulto.

Que recurso interesa máis?

A natureza. Despois os monumentos, pero quédanos un treito para adaptar os recursos. Temos San Cibrao de Las e moitos mosteiros, pero hai un mundo de castros non habilitados nin señalizados. A nivel natureza, o entorno de Ourense tampouco se coñece.

Na cidade, que triunfa?

As Burgas e a Catedral.

E que lles interesa menos?

O que merece a pena e non se fai o esforzo de ir é o claustro de San Francisco.

Por que?

Igual porque está na cima da cidade. A xente unha vez que ve o centro dalles pereza, igual que o castro de Santomé. As visitas son de dúas horas e ás veces son xustas, por iso estes recursos quedan fóra. 

Cal é a sorpresa?

Non se esperan as Burgas, a xente alucina. 

O tema “gratis" inflúe?

Si, e coméntano moito.

Estarían dispostos a pagar?

Non sei. Dous ou tres euros garantizando unha limpeza e mantemento, creo que non é tanto. Non sería descabellado.

Cal é o perfil do turista?

O perfil de grupo é xente de 55 anos para arriba. O perfil de particular é variado, pero normalmente é de mediana idade.

Os suevos, traen turismo cultural?

Si, ten presencia. A nivel de divulgación está ben que se sitúe a Ourense no mapa. 

Te puede interesar