ENTREVISTA | VIDA

Canela Cafuné, música sen filtros

Ourense. 14-12-16. Local. Portada e venia ao grupo Canela Cafuné na Alameda.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Marta e Eric.

Tras o nome de Canela Cafuné agochanse os nomes de Marta e Éric, dous mozos cuxa paixón pola música os levou a formar un dúo que está a gañar por méritos propios o seu espazo no mundo musical. Dende o soul ou o jazz, pasando polo pop e o rock, as influencias vense en cada tema que interpretan e que poñen de manifesto que calidade interpretativa non lles falta. 

A pesar da corta vida de Canela Cafuné, xa compartiron tempo e música con artistas como os escritores María Reimóndez e Suso Sudón ou os cantautores Álvaro Ruiz e Pedro Pastor. Ademais, teñen participado en eventos organizados por Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans), e tamén de que concellos coma O Carballiño e Sarria os incluíran na programación das súas actividades culturais. E, por suposto, sen deixar de lado todos eses locais e diversos espazos culturais que confian neles e lles brindan a oportunidade de poñer en marcha o seu proxecto. 

Como foron os inicios de Canela Cafuné? Como vos lanzastes a súa creación?

Coñecímonos por casualidade e da mesma maneira fixemos a nosa primeira actuación conxunta, a priori, poOurense. 14-12-16. Local. Portada e venia ao grupo Canela Cafuné na Alameda.Foto: Xesús Fariñasr diversión. Ao ver a afinidade musical e a resposta do público, decidimos emprender o proxecto Canela Cafuné desde un punto de vista profesional. E aquí estamos!

De onde veñen as vosas influencias?

Marta: Do soul, do jazz e evidentemente do canto clásico, que é o campo no que máis me formei.

Éric: Do rock, pop-indie e do folk básicamente, desde Carmen Boza, pasando polos Panchos e ata os Suaves.

Que se atopa o público nas vosas actuacións? Que tipo de música vai escoitar?

Éric: Un espectáculo que mestura versións de diferentes estilos a dúas voces con chistes xeniais.

Marta: Obviemos o dos chistes (risas). O noso espectáculo básase, sobre todo, na participación activa do público dentro dunha combinación de diferentes estilos musicais no que o máis importante é a harmonía de voces. 

Que é o que máis lles gusta da música?

Que representa a alternativa ás palabras para expresar e transmitir o que sentes, sen filtros. Unha forma de mostrar sentimentos e situacións.Ourense. 14-12-16. Local. Portada e venia ao grupo Canela Cafuné na Alameda.Foto: Xesús Fariñas

É difícil facerse oco no panorama musical?

Si, por suposto. Hai varios factores negativos como pode ser a falta de recoñecemento da música coma unha actividade laboral, o que implica falta de medios, subvencións e convenios que regulen unhas condicións dignas.  En cambio, destacamos positivamente a calidade do talento local e autonómico, que fai que nos teñamos que esforzar en aprender e mellorar.

Cales son os vosos próximos proxectos?

Gravar unha maqueta, incorporarnos de forma regular ó mundo dos eventos familiares (polo que o 14 e 15 de xaneiro formaremos parte do salón nupcial ExpoBEC) e, por supostísimo, seguir realizando concertos por toda a xeografía galega. 

Te puede interesar