MÚSICA

Cantigas galegas resoan no mar

OURENSE 16/04/2018.- Dorothé Schubart, escritora suiza; foto agenda. José Paz
photo_camera A musicóloga suiza Dorothé Schubart.

A musicóloga Dorothé Schubart presenta mañá a súa obra de ficción "Os cantos do mar", ás 20,00 horas, no Liceo de Ourense. 

"Os cantos do mar" é unha obra de ficción. Sen embargo,   lonxe de ser unha quimera garda relación coa realidade. "Todo o que conforma está obra ten a súa raíz en algo que existe", explica nun esmerado galego a súa autora, a musicóloga suiza Dorothé Schubart. A obra, que se presenta mañá, ás 20,00 horas, no Liceo de Ourense, pretende poñer no seu entorno algunhas das cantigas populares galegas. 

"Trátase de darlle un contexto para que poidan vivir máis aló dunha investigación científica", aclara. A investigación científica a que se refire é o "Cancioneiro Popular Galego", a maior escolma de música popular galega feita ata o de agora e da que Schubart, xunto co filólogo Antón Santamarina, é autora. 

O escenario no que se sitúan estas cantigas é "unha aldea prehistórica na que, entre outras moitas cousas, a xente é capaz de sobrevivir sen reloxo", sinala. Esta apreciación fai que o subtítulo que acompaña a obra, "Mosaico de anacos de tempos moi remotos" adquira un sentido completo. Nesta lonxana atmosfera todo se compón a partires "das cousas e preguntas coas que me fun atopando na miña vida", engade. 

Unha historia que, nas súas verbas, de entrada semella un tanto complexa pero que en canto o lector chega a segunda parte resulta moi doada de ler. As coplas sucédense polas súas páxinas pero, quizáis, o que sobresae por entre elas é o romance central. "Un romance tradicional que se sitúa exactamente no núcleo da historia, a medio camiño entre o principio e o final, e que relata a vivencia dun pescador que se atopa inmerso nunha tormenta da que sabe que non sairá con vida. Pola súa cabeza sucédense, neste intre, un sinfín de imaxes", describe Schubart. 

"Os cantos do mar" foi orixinalmente escrita en alemán antigo, empregando expresións en desuso. E, posteriormente traducida ó galego pola propia autora coa axuda de Antón Santamarina. O resultado final é un relato que chega cos ecos da namorada que agarda á carón do mar ó seu amor, sen asumir que non vai a chegar. 

Te puede interesar