PREMIO

Carballiño e Allariz, premiados no Vilas en Flor

Francisco Fumega, Isabel Aguirre e Guillermo Evia, no acto de entrega das Flores de Honra a Carballiño.
photo_camera Francisco Fumega, Isabel Aguirre e Guillermo Evia, no acto de entrega das Flores de Honra a Carballiño.
O certame recoñece a mellora dos espazos verdes urbanos e tamén a súa xestión sustentable

Os concellos de Allariz e Carballiño recibiron este venres os galardóns do certame Vilas en Flor nunha gala na sala Eisenman Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). A distinción de Allariz foi de catro Flores de Honra, mentres que Carballiño recibía dúas. Vilas en Flor  recoñece a mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá para coidalos.

O acto estivo precedido dunha xornada técnica con tres relatorios que abordaron aspectos contemporáneos vinculados á integración dos espazos verdes nas cidades, vilas e pobos.

Vilas en Flor é unha iniciativa que comenzou a súa andadura no ano 2018 pola mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos impulsada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, declarou que este galardón é "un aliciente máis para seguir mellorando este recurso e contribuir a que os espazos naturais do Carballiño sexan cada vez mellores". Fumega referiuse aos 500.000 metros cadrados de zonas verdes, plenamente integradas no casco urbano, e cuxo mantemento require un gran esforzo económico, así como en medios técnicos e persoal. "É un recurso ao que destinamos unha parte importante do orzamento", matizou.

Te puede interesar