CRÓNICA

O Carrabouxo, silenciado

OURENSE (PARQUE DE SAN LÁZARO). 05/08/2020. OURENSE. Las terrazas del Parque de San Lázaro tapan la escultura del Carrabouxo. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera A figura do Carrabouxo rodeado de mesas que dificultan a súa visibilidade e acceso. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
A estatua da icónica personaxe presenta unha situación precaria, que se suma á poca accesibilidade por estar rodeada de mesas de terraza. Os veciños da contorna 
optan por gañar espazo ou un cambio de ubicación. 

Cerco ao Carrabouxo. As mesas e sillas dos establecementos cercanos rodean á figura representativa do Parque de San Lázaro e veciños consultados piden solucións. Dende a súa instalación no ano 2002, a figura creada polo humorista gráfico Xosé Lois González sufriu varios ataques vandálicos como pintadas e carteis que deterioraron esta figura mítica do Parque de San Lázaro. Nos últimos anos a presencia do Carrabouxo reduciuse a un espacio mínimo rodeado de múltiples mesas dos establecementos próximos. 

O bo tempo aumenta o número de mesas de terraza que ocupan as rúas facendo que a figura do Carrabouxo pérdase entre a multitude de mesas e persoas. "Os cidadáns non teñen acceso a ela e non se poden facer fotos xa que está nunha situación totalmente indignante para un monumento público", reclamaba o creador da personaxe, Xosé Lois González.

Moitos dos ourensáns que disfrutan do ambiente das rúas do centro da cidade xa están acostumados a esta situación deteriorada da estatua. "A figura leva moito tempo rodeada de mesas e xa estamos acostumados a vela así", lamentan. Aínda así outros veciños están de acordo con que a ubicación actual non é a máis idónea. "Teñen que buscar outro sitio onde poñer a estatua porque aquí a xente pasa e nin a ven. Ademais o problema non son os establecementos. Se as terrazas están ahí será porque é legal, pero este non é lugar nin para esta nin para outra estatua", recalcan. 

A importancia da figura do Carrabouxo pódese comparar con outras estatuas que están ubicadas noutras zonas da cidade. "Podería estar situada en outros lugares máis accesibles como están A Castañeira ou A Leiteira que son outras estatuas referentes da cidade". Os veciños da zona tamén valoran outras solucións que poderían facilitar á recuperación do Carrabouxo como estatua representativa do Parque de San Lázaro. "Se non tamén se podería reducir o número de mesas de terraza ou cerrar a estatua para que teña o seu espazo reservado e que a xente poida contemplalo", explican. 

A situación actual do Carrabouxo continuará ata que non se poñan medidas que regulen o espacio que rodea á estatua. A concelleira de Seguridade Cidadá, María del Mar Dibuja, respondeu unha pregunta do BNG referida a esta situación. "Requerimos aos establecementos o seu distanciamento da figura en reiteradas ocasións e ante esta desobediencia serán sancionados", declarou a concelleira.

Te puede interesar