ÁREA METROPOLITANA

A casa do Concello de Nogueira terá novas escaleiras na súa fachada

A reforma que financia a consellería inclúe tamén o reasfaltado da praza da casa consistorial

O Concello de Nogueira de Ramuín mellorará a Praza da Casa Consistorial de Luíntra, que está no centro da localidade e cuxo asfaltado presenta un importante deterioro. Para acceder a esta praza, é preciso tomar unha curva dun radio mínimo e moi estreita, o que xuanto ao aumento do seu uso, provoca un desgaste do pavimento, que é necesario reparar.

Ademais desta actuación, preténdese a realizar unha reforma na praza que a dote dunhas escaleiras de comunicación das dúas fachadas da casa consistorial, para salvar a forte pendente, e que agora carecen dunha conexión peonil.   Para a construción destas escaleiras, deberanse escavar as terras, dispoñer de barandillas...

O proxecto, que conta cun orzamento de licitación de case 62.000 euros, está financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Plan Hurbe.  

O prazo de execución da obra será de dous meses unha vez que sexa formalizado o contrato coa empresa adxudicataria, pero o concurso aínda está en marcha. 

Te puede interesar