A Casa do Escudo acolle 'Dúas olladas' artísticas

A Casa do Escudo de Verín acolle ata o vindeiro 15 de abril a exposición 'Dúas Olladas', conformada por unha selección de obras de pintura e escultura realizadas polos artistas Xosé Rivada (escultor y pintor) e Armando Martínez (escultor); así como do pintor Eduardo José Ortún.
Unha mostra que se aparta do mundo da arte elitista e mercantil, mediante a realización dunha obra transparente, sincera e individual, que busca a investigación persoal mantendo un estilo propio.

Xosé Rivada tras vivir a época da posguerra en Verín, marcha no ano 1969 a Madrid onde desenvolve as habilidades artísticas aprendidas de pequeno, centrando a súa atención e interese nos corpos espidos. Tralo seu paso por Latinoamérica entra nunha fase de creación simbólica e orixinal atinoamérica.

Armando Martínez é un prestixioso artista da madera, formado cos máis destacados artistas lusos neste campo.

Eduardo José Ortún, de orixe rioxana e residente actualmente en Galicia, iníciase no mundo da pintura e na modalidade de acuarela, a finais dos anos 60; cando se encontraba estudando na Universidade de Washington, Seattle (USA). Os tres ofrecen as súas visións artísticas tanto na escultura como na pintura.

Te puede interesar