TRIBUNA | Pazos ourensáns

Casa grande de Cartelos

2020092322264580613

Acapital das Burgas constitúe na actualidade o centro do comercio e servizo así como cabeceira dunha ampla comarca. Con 85,2 quilómetros cadrados de superficie, o concello reparte unha poboación aproximada duns 105.000 habitantes, censo do ano 2018, comprendido entre a capital maila súa zona rural. 

Unha pregunta xurde en relación ca existencia dos pazos ou casas fortes, a súa construción: quenes foron os seus artífices ou mestres construtores? Quenes os que esculpiron os seus artísticos escudos nobiliarios? Quenes trazaron as súas belas torres así como as magníficas chemineas? Ante a pouca e case nula información dos feitos que temos ao respecto só podemos afirmar que son obras a todas luces anónimas saídas da máxima creativa dos nosos mestres canteiros.

2020092322260034300

A Casa Grande de Cartelos, datada no século XVIII, atópase situada no camiño que partindo do Pazo de Soutelo comunica co pequeno núcleo rural de Cartelos, moi preto de Cudeiro. A edificación, un tanto illada, dispón dun patio interior así como de finca, dunha extensión aproximada de 5.000 m2, ademais de contar cunha construción anexa duns 500 m2, todo elo pechado pola presenza dun groso muro de cachotería de granito.

Accédese á propiedade mediante un portalón adintelado decorado cun escudo e rematado por unha cornixa de granito sobre a que se asentan seis pináculos triangulares, ademais do escudo citado anteriormente. A planta da nobre edificación adopta a forma rectangular, atopándose constituída por dúas alturas sostidas por muros de cachotería de granito. Dispón de escaleira exterior así como dunha galería e tres fiestras verticais enreixadas cara o exterior do muro piñón, construído a principios do século XX. A ventilación corre a cargo das citada fiestras, ademais, no baixo, dedicado no seu día a adega, de catro ocos de aire horizontais e un vertical. 

Decorando a fachada figura un escudo difícil de identificar. No seu día o edificio dispuña duna fermosa solaina situada na esquina suroeste, da que só resta na actualidade catro columnas cilíndricas con base e capitel, apoiadas sobre unha plataforma formada por sillares de granito. A cuberta do edificio é a tres augas, composta de tella.

OS DATOS
Situación 
42º21´55´9” N 7º51´42´9” W 42.365528, - 7.861917
Datos
 Edificio de interese arquitectónico, datado no século XVIII, con elementos engadidos no XX, situado en Outeiro, preto do núcleo rural de Cudeiro.
Características 
Construción señorial habitable polos seus propietarios dende a súa construción.
Elementos destacados
Grande portalón de acceso decorado con pináculos e escudo
Escudos
No que figura sobre a porta de acceso represéntanse as armas dos Puga (caldeiros) e outra que, polo seu mal estado de conservación, é difícil identificar. No muro da fachada aparece outro decorado cun aguia sostendo o brasón pertencente aos Vilamarín ou Punxín (cinco crecentes colocados en sotuer superado cada un deles por unha estrela de seis puntas). 
Estado de conservación
Regular tendente a bo.
Servizo
 Uso privado dos seus propietarios, non visitable
Titularidade
Ramón Taboada Salgado de Zúñiga, alcalde de Ourense (1958/1962). Actualmente a propiedade atópase compartida entre Rafael García Losada e os seus irmáns. 
Protección
Estrutural

Te puede interesar