CANDIDATOS EN 360º

Casal: “Nós situámonos na centralidade política galega, pensando desde aquí e sen mans atadas"

Pancho Casal asume a responsabilidade de encabezala candidatura do que foi En Marea. Asume o reto e faino co compromiso de liderar una forza que represente o ideal dunha Galicia "máis alá do nacionalismo"

Non optaron por presentarse ás primeiras eleccións convocadas. Nestas si. Que mudou nos últimos meses?

Mudou o mundo, cambiamos case de época. Estamos noutra realidade. Plantexábamos que tiña que haber unha proposta das forzas centradas en Galicia e quixémolo levar a todo o espectro do que eu chamo soberanismo, que vai máis alá do nacionalismo. Algunhas forzas estiveron dispostas, coma o Partido Galeguista e Compromiso por Galicia, e outras como Anova preferiron ir en coalición con partidos estatais, e o BNG non quixo entrar nese debate. Creo que Galicia necesita unha forza de amplo espectro e sacar ese concepto das propostas soberanistas, polo concepto que temos pechado do nacionalismo, e nós quixemos abrilo a todos de maneira ampla e transversal. 

Onde se sitúa a Marea Galeguista? Cales son as súas liñas programáticas?

Situámonos na centralidade da política galega pensando desde aquí. O asunto diferencial fundamental é que nós non temos as mans atadas a ninguén. Tamén é importante a capacidade de diálogo.  

As enquisas non lles son moi favorables

As enquisas son o que son, queren predecir o que vai pasar máis que ser verdadeiramete rigurosas. Misturando as enquisas como a do CIS, o que se ve é que imos crecendo. Empezamos nunha porcentaxe exígua e estamos case tres veces por enriba. Nesta lexislatura vaise definir a Galicia do futuro e temos que participar. Facemos ese chamamento a quen está desilusionado.

Hai que traballar moito na mobilización? Preocúpalle unha abstención alta?

Eu penso que a xente se ten que mentalizar de que si podemos ir a un bar, sen mascarilla incluso cando hai distancia, se podemos ir á praia ou calquera outra actividade… como non vamos ir poder votar? Iso sí, evidentemente o Estado e a Xunta teñen que garantir unhas condicións de seguridade.

Onde pensa o seu partido que están as potencialidades desta provincia?

Enerxía competitiva, en Galicia vai ter que haber unha gran fábrica de baterías electricas para a mobilidad e ten que estar en Ourense. Chan industrial competitivo. Desenvolver o rural tan rico que ten a provincia con produtos de calidade. Tendo en conta a terra, o vento, o mar e a agua… temos unha Escola de Enxeñería Informática que ten que reter talento e desenvolver un polo tecnolóxico da aeronáutica en Ourense.

Atrévese a dar un resultado do 12 de xullo?

Teño a miña porra: PP 37 deputados, o tripartito de Sánchez 34 e nós 4. Un goberno de progreso condicionado a contar con toda a cidadanía de Galicia.

Te puede interesar