Case 600.000 euros en axudas para pymes de San Cibrao das Viñas

O presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse onte co alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fernández Moreiras, o que lle confirmou unha partida orzamentaria de 250.000 euros para a circunvalación leste, ademais do investimento dun millón de euros para iniciar os traballos de ampliación da urbanización dos terreos do Parque Tecnolóxico de Galicia.

No eido económico, foron aprobadas 12 axudas a empresas, que empregan a 86 traballadores, por un importe de 590.000 euros. 

Ademais, o presidente da Xunta e o alcalde de San Cibrao abordaron a situación da rede de augas pluviais no núcleo de Calvos e as beirarrúas na OU-105. 

Te puede interesar