PATRIMONIO

Castelo da Peroxa

GHYHYHJJHJHJ

Declarado Patrimonio Histórico Español, o monumento constitúe unha obrigada visita para todo aquel turista amante dos castelos

Situado moi próximo á capitalidade do Concello de A Peroxa, emprazado a 19 quilómetros de Ourense capital, ergueito sobre unha pequena lomba de 475 metros de altura, antigo asentamento dun castro, descansan os restos dunha pequena fortaleza cuios orixes remóntanse, con toda probabilidade, aos finais do século VIII, cando a poderosa e nobre familia dos Temes ordenou a súa construción. O seu obxectivo era o de vixiar a bisbarra da entorna ante as constantes incursións musulmáns que daquelas asolaban a provincia, chegando incluso ata a propia conquista do castelo pese ás magníficas defensas tanto humanas como naturais con que contaba, sobre a protección existente polo lado leste, grazas á presenza dun profundo foso polo que descorre o regato Rial que formaba unha barreira inexpugnable. O lugar elixido para a construción da fortaleza foi, sen dúbida, o máis axeitado ao ser edificado por riba dun milenario castro cos construtores da fortaleza souberon transformar e modificar para a súa maior defensa. 

No século XIII foi o lugar de estancia do Adiantado Maior de Galicia, título concedido a Pedro Ruíz de Sarmiento no ano 1370 polo rei Enrique II, iniciándose a partir desta data a dinastía dos Sarmiento. A súa divisa de armas represéntanse mediante trece roeles de cor vermella sobre campo de ouro, os mesmos símbolos que aparecen na primeira partición do brasón oficial do Concello de A Peroxa. 

A Revolta Irmandiña do ano 1466 arrasou máis de cento trinta castelos e casas fortes espallados por toda Galicia, sendo curiosamente o da Peroxa unha das poucas edificacións militares que se librou desta desfeita xeneralizada. Mais tarde pasou ás mans dos poderosos condes de Ribadavia, converténdose en cabeza da xurisdición territorial, por ser os Reis Católicos os creadores do Condado. Despois da desafortunada desamortización de Mendizábal, o castelo albergou, durante un tempo, a Casa do Concello, celebrándose na súa proximidade unha concorrida feira. Nos inicios do século XX comezou a súa decadencia. Así, trala compra do mesmo, no ano 1920, por parte de Artemio Fernández Quintela, e o seu posterior abandono, chegou a venderse a pedra da torre para a construción da nova igrexa parroquial na que, aínda na actualidade, óllanse parte dos sillares pertencentes á fortaleza, o castelo quedou sometido a toda clase de espolios e desfeitas. 
Recentemente toda a zona máis os restos da fortaleza acondicionáronse mediante un acceso por medio dunha escaleira en pedra que permite un doado camiño cara a visita dos restos existentes, consistentes basicamente nunha estrutura construtiva elíptica protexida por tres torreóns semicirculares. A entrada atópase franqueada por dous deles. O tramo sur da muralla, parcialmente reconstruída, ofrece un aspecto agradable reforzado pola presenza dos cubos de defensa aos que se suma a base da torre do homenaxe, da que se conservan os seus alicerces; é así mesmo destacable un alxibe situado a carón da propia muralla.

Declarado por decreto sobre protección de castelos, do 22 de abril do 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español, o monumento constitúe unha obrigada visita para todo aquel turista amante dos castelos de España en Galicia.

OS DATOS
Data construcción 
Século VIII.
Características
Cadeiras en pedra labrada disposta en fiadas regulares horizontais.
Elementos destacados
Tres torreóns, muíño, alpendre e alxibe.
Estado de conservación: 
Regular.
Achados arqueolóxicos: 
Pequenos restos das vivendas pertencentes ao castro.
Protección:
Protéxese por Decreto do 22 de abril do 1949.
Titularidade
Concello de A Peroxa. 

Te puede interesar