TORRES E CASTELOS

Castelo de Maceda

mnac

A fortaleza de Maceda acadou a categoría de Monumentos Histórico Artístico amparada no Decreto do 22 de abril do ano 1949, que foi posteriormente reforzado pola Ley 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español

Maceda é terra de señorío. Cargada de historia é todo un referente na provincia de Ourense. A súa fortaleza ou castelo medieval pertenceu, na súa orixe,  ao conde de San Román, pasando con posterioridade ás mans dos Novoa de Rivadeneira e máis ao conde de Traba. No ano 1654 Felipe IV concedeulle o condado de Maceda a Santiago Alonso de Lanzós, rexedor da vila de Betanzos título referendado mais tarde polo primeiro rei Borbón de España, Felipe V, neto de Luís XIV de Francia, co ostentou baixo o título de Grande de España. A fortaleza constitúe o verdadeiro símbolo máis representativo tanto da vila como do propio concello. 

O castelo posúe un alto valor simbólico catalogándose como palacio residencial singular maía que propiamente de fortaleza, iso si, estratexicamente emprazado sobre un montículo dende o que dominase tanto a propia vila como o val circundante; así dende o alto dos seus curtos muros permite ao visitante unha lagorza visión tanto sobre a propia vila como do fértil val regado polos ríos Tioira e Arnoia. 

A tradición fala da crianza nel do futuro rei Alfonso X, máis coñecido polo alcume de El Sabio que orixinaría o xerme mailo aprendizaxe da nosa fermosa lingua galega, baixo a tutela do seu aio Garci Fernández de Villadelmiro, celebre compositor da coñecida loa en honor da Nai do Ceo, a destacada Cantiga de Santa María, escrita en galego. 

Igualmente personaxes destacado macedaos o foron o navegante Joâo de Novoa, descubridor da illa de Trinidad e Sri Lanka,  o bispo de Ourense, Pedro Iáñez de Novoa; así como coñecidos escritores: Xosé García Mosquera, poeta e cronista oficial da cidade de Ourense, Xosé Luís Parente, Francisco Carballo, e máis recente: Xoán Babarro, actualmente membro da Real Academia Galega; por outra banda non debemos de esquecer á indiscutible e relevante figura relixiosa do douto cardeal, príncipe da igrexa, doutor  Quiroga Palacios, nado na vila de Maceda a principios do século XX. 

O castelo fortaleza da vila ten planta rectangular, estendéndose sobre unha superficie construída aproximada duns 1.400 metros cadrados, inserto dentro de poderosos muros de granito, ao parecer os mais grosos de todos os castelos existentes en Europa que conforman unha baixa muralla poligonal, O único acceso é a traveso dunha porta de arco de medio punto, situada o nacente, constituída por doelas; ao seu carón esquerdo,  no muro, atópanse dous escudos cas armas dos antigos propietarios: os Novoa e mais os Rivadeneira. 

Xa no interior, partindo dun curto patio de armas á man dereita, acceso en cóbado, parte unha escaleira reformada que conduce ao visitante o primeiro andar. Atrás queda a muralla exterior na que destacan dúas grosas torres, unha  rectangular, situado a carón da porta de acceso, e outra circular situado na esquina oposta. Barbacás defensivas ou contrafortes adaptadas para o uso das armas de fogo, empregadas a partir do século XV, decoran as esquinas restantes da fortificación situadas no lado oeste. O lugar ocupado pola torre do homenaxe contou no seu día con tres solainas da que só resta os seus saíntes canzorros conservándose, na actualidade, unha balconada exterior así como varias dependencias recentemente remodeladas ocupadas actualmente por un destacado establecemento dedicado ao ocio  mais á restauración.

A fortaleza de Maceda acadou a categoría de Monumentos Histórico Artístico amparada no Decreto do 22 de abril do ano 1949, que foi posteriormente reforzado pola Ley 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español, ademais de contar cun BIC (Ben de Interese Cultural) 

A carón do castelo atópase o cemiterio de Maceda así como a igrexa parroquia de San Pedro no que custódiase o sarcófago do nobre Juan de Novóa, sepulcro gótico que destaca pola figura xacente do seu titular.

Te puede interesar