ocio

Castro Caldelas conta cun novo parque infantil

castro caldelas
photo_camera O parque infantil está situado na zona de Os Pilos.
O parque "Os Pilos" está situado na proximidade do centro da vila e contou cun orzamento de 100.000 euros

Castro Caldelas conta cun novo parque infantil, situado na zona dos Pilos, a cen metros do centro da vila e do casco histórico.

O parque "Os Pilos" foi inaugurado este luns e o proxecto, realizado por Durán Ingenieros, contou cun orzamento de 100.000 euros.

Con este traballo, o concello de Castro Caldelas ven de ampliar a súa oferta de ocio para os rapaces da vila, cunha gran zona de lecer, Ademais, supón a revalorización deste enclave da vila, situado ao inicio da ruta de sendeirismo dos Bosques Máxicos e preto do Parque da Estrela, da Carballeira da Devesa e da área de autocaravanas.

O parque foi inaugurado este luns cunha merenda e animación musical na que un centenar de cativos probaron as instalacións do novo espazo lúdico de Castro Caldelas.

Te puede interesar