FESTA

Castro Caldelas quedará baixo a luz dos fachós

A luminosidade da queima dos fachós, nunha estampa da fasta do ano pasado (ÓSCAR PINAL).
photo_camera A luminosidade da queima dos fachós, nunha estampa da fasta do ano pasado (ÓSCAR PINAL).
Entre lusco e fusco empezará coa procesión como evento máis atractivo

Castro Caldelas dispón de todo o necesario para vivir unha das súas celebracións máis esperadas: os fachós. Trátase dunha festa de orixe ancestral, sin referencias temporais claras, aínda que hai escritos do ano 1751.

Segundo o programa previsto, a partir das 19:15 horas e, dependendo da claridade do día, comezará a procesión cun San Sebastián de palla seguido do Gran Fachón de nunca menos de 30 metros. Detrás, os máis de 500 fachós individuais que o Concello pon o dispor dos participantes, todo elo acompañado da música de charanga e tradicional, segundo salienta o programa oficial do festexo.

A procesión sae do adro do Santuario dos Remedios e percorre a noite Caldelá a través das empinadas rúas do Casco Histórico dando a volta o Castelo que preside a vila, "todo elo en completa escuridade a excepción da iluminación ornamental do Castelo", lembra o Concello. O remate do percorrido os restos dos fachós deposítanse nunha gran fogueira que se atopa na entrada do Santuario e comezará o aspecto gastronómico e musical da festividade.

Os chourizos feitos e curados con fume de carballo de Castro Caldelas, o pan artesán de forno de leña, o viño da Ribeira Sacra e unha queimada dan o toque final

a esta festa. No programa musical a festa deste ano incorpora a charanga TDB (Terras do Bibei) e o Grupo Os Trabazos. Indica o Concello que a maior innovación "é continuar facendo a festa ao estilo tradicional". 

Te puede interesar