Castro Caldelas repartirá 3.000 chourizos na Festa dos Fachós

O Concello de Castro Caldelas repartirá máis de 3.000 chourizos na vindeira edición da Festa dos Fachós, que se celebrará o domingo día 19 de xaneiro. Como manda a tradición, a festa comezará no lusco e fusco do día 19, cando os participantes, provistos de 'fachós' (feixes de palla a xeito de antorcha) se concentran no adro da iglexa. Asimismo, faise un fachón grande, que mide uns 30 metros e que é portado por uns trinta mozos.
Cando se fai de noite préndese o fachón grande e logo os máis pequenos, que se estima que nesta ocasión serán máis de 400. De seguido comeza a procesión que recorre o casco vello, coroado polo castelo, entre berros de alegría, vivas a San Sebastián e o repinicar d as campás. A procesión volve ó lugar de orixe, onde se tiran os restos dos fachós nunha gran fogueira. Logo o Concello convida a tódolos asistentes a productos da zona e nesta ocasión está previsto que se distribúan máis de 3.000 chourizos, 500 litros de viño, así como licor café, queimada e bica, continuando a festa ata altas horas da noite ao son dos gaiteiros.

Dado que nesta ocasión a celebración, o 19 de xaneiro, coincide en domingo, os organizadores agardan que se produza unha afluencia de xente moito maior que en edicións anteriores.



Te puede interesar