MEDIO AMBIENTE

"Á caza da cabicha": coida o teu barrio!

Un "cabichómetro" no Paseo recollerá as cabichas dos barrios de Ourense

"Á caza da cabicha" é o nome da campaña organizada polo Concello de Ourense para sensibilizar e concienciar a cidadanía do problema medioambiental que ocasiona tirar as cabichas do tabaco ao chan. Unha campaña na que colaboran as concellerías de Voluntariado, Medio Ambiente, Limpeza e Seguridade Cidadá, e a empresa concesionaria do servizo de limpeza, Ecourense, e será desenvolvida por Sustinea.

Durante catro venres do mes de xiño e todos os venres de setembro, quince grupos de voluntarios percorrerán os barios e O Couto, A Ponte, o centro, As Lagoas e O Posío co obxectivo de concienciar os veciños con este problema e buscar solucións para él. 

Os voluntarios levarán a cabo tres actuacións. A primeira, a recollida de cabichas que en cada barrio serán gardadas en envases, marcando a cantidade que hai en cada un deles no chan. Ó día seguinte haberá no Paseo un cabichómetro no que se exporán todas as cabichas recollidas. Tamén se informará dos problemas que causa tiras as cabichas ó chan. 

A maiores, os establecementos hosteleiros que se sumen a esta campaña serán premiados cun selo distintivo que indique o seu compromiso, publicidade nas redes sociais e na revista dos centros educativos. 

Te puede interesar