CRÓNICA - DÍA DEL LIBRO

Tres cazatesouros na rúa do Paseo: quen o atopará?

Ourense 23/4/18
Feria del libro en la rúa do paseo

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Unha lectora onte na rúa do Paseo, nos postos do Día do Libro.

Mónica, Sara e Juan non se coñecen. Os tres van na busca dunha xoia no centro da cidade, pero con motivos diferentes. A primeira quere o tesouro para o seu fillo, a segunda para superarse e o terceiro xa ten 7.000

Á caza do tesouro van tres camiñantes pola rúa do Paseo: Mónica quéreo para o seu neno, Sara por cumprir un reto e Juan pra atrapar a xoia número 7001 da súa biblioteca. Ningún se coñece, pero comparten vicio. 

"O meu pequeno ten catro aniños. Estaba buscando un que estivera ben para el, que tivera significado", conta Mónica Viéitez co posible tesouro na man. "Este fala das persoas que cada día traballan por defender o noso planeta, por iso me está gustando. Recomendoumo el, aínda por riba déixame botarlle un ollo así que xenial", continúa. "El" é o libreiro, oficio tralo que se celebra o día na que os cazatesouros saen a rúa buscando un fogar novo. 

Os profesionais da cidade destacan á reina da xornada: María Dueñas. Juan, o da biblioteca dos 7000, tira para a terra: "Estou lendo un libro ourensán que ningún ourensán coñece. Está escrito por don Juan Manuel Pereira, que foi embaixador no Extremo Oriente. Publicouse no 1900", conta Juan Saco, que ademais de lector empedernido preside a fundación dun ourensán que produciu varios tesouros deste tipo: Otero Pedrayo.

A última das  camiñantes da rúa do Paseo, Sara Dacoba, anotouse a un reto. "Me propuse leer 61 libros antes de acabar el año. Se lo copié a una chica que recomienda muchos libros en las redes sociales", di. Vai polo número 29. Segue a caza do tesouro no que tódolos "piratas" gañan. 

Te puede interesar