SALUD

Cinco centros participan en estadías en balnearios

Un dos centros termais do programa é o de Arnoia, na imaxe.
photo_camera Un dos centros termais do programa é o de Arnoia, na imaxe.

O programa público vai beneficiar a 700 persoas maiores de 60 anos

A Consellería de Política Social pon en marcha unha nova edición do programa "Benestar en Balnearios" no marco do cal se ofertan prazas para estadías e tratamentos en centros termais de toda a comunidade. Convócanse un total de 700 prazas para participar nesta iniciativa en diferentes quendas ao longo do ano. Participan 14 balnearios galegos, dos cales serán na provincia de Ourense, 5 en Pontevedra, 3 en Lugo e 1 na Coruña. As solicitudes poderán presentarse ata o 2 de maio. Poden beneficiarse deste programa os maiores de 60 anos e tamén os maiores de 55 que reúnan a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

Segundo a información suministrada onte, os solicitantes deberán estar empadroados e residir nalgún Concello da comunidade galega. Terán que valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa. Non poderán padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin ningunha enfermidade transmisible con risco de contaxio. As tarifas varían en función do establecemento entre os 287 e os 361 euros. 

Te puede interesar