ENTREVISTA

“Chano Piñeiro namorou da xente do rural ourensán"

Ás 10.30 horas: Presentación do libro Chano Piñeiro ou a teima dun soño.- Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do libro Chano Piñeiro ou a teima dun soño. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, do autor, Francisco Rozados, Miugel Anxo Fernández (Director Artístico do OUFF) e Mariluz Montes (Viúva de Chano Piñeiro).

Francisco Rozados "Rochi" é o autor da biografía de Chano Piñeiro, de quen foi amigo.

Atopou ata material nun mercadiño de Barcelona.

Si, totalmente casual. Eran fotos inéditas da rodaxe de "Sempre Xonxa". Sae Chano Piñeiro detrás da cámara, por exemplo. Pero non as tiña nin a súa muller, Mariluz.

Relaciónase con iso de que falta por recoñecer a súa figura?

Si. Galicia débelle moito. Se fora noutro lugar, teríase recoñecido como é debido. Vaise facendo, a prazos, pero vaise facendo. Queremos facer a Fundación Chano Piñeiro para que todo o legado que conserva Mariluz non quede en saco roto.

Con que personaxe de Chano Piñeiro se queda?

Con "Mamasunción", por riba incluso de "Sempre Xonxa". Foi o acerto sublime de Chano, que triunfou nos cinco continentes. 

Por que escolleu Ourense?

Porque acababa de casar con Mariluz, que procede do rural ourensán. Empezou a mesturarse coa xente e namorouse da xente sinxela, da xente labrega. 

Te puede interesar