DÍA DA MULLER

O Concello reivindica o 8-M con cine e música

O programa de actividades prolongarase na cidade ata o mes de abril

Baixo o lema "Contigo somos máis", o Concello de Ourense presenta vintecatro actividades para celebrar o Día Internacional das Mulleres, que terá lugar o próximo xoves 8 de marzo. 

A concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, foi a encargada de iniciar a presentación do programa, ocasión que aproveitou para remarcar o apoio do Concello ao "empoderamento da muller". Tanto ela como o alcalde, Jesús Vázquez, agradeceron o papel dos numerosos artistas, asociacións, institucións e participantes das actividades. Vázquez instou á cidadanía a tomar parte activa e "reivindicar con máis forza todos os días do ano ata acadar unha equiparación real entre homes e mulleres". Pola súa parte, Jacobo Sutil, director de Agadic, presentou a súa colaboración co Cineclube Padre Feijóo, cunha programación que denuncia "a desigualdade de xénero que se sufre nos nosos días". Sutil destacou o traballo do Cineclube "na difusión do cine galego e europeo".

No acto de presentación tamén estivo Ana Quintas, representante do grupo Xestreu, así como as mozas de Kicking Roses. Ambas agrupacións protagonizarán o concerto "Mulleres" o próximo sábado no Liceo da capital e convidan á cidadanía a "gozar dunha música feita por mulleres". 

Por outra banda, destaca o I Ciclo "Muller, igualdade e deporte", no que participan o Ourense Envialia, o Cidade das Burgas e a Unión Deportiva Ourense Femenina. 

Este venres, poesía e a entrega do Clara Campoamor

Programa A5 interior_resultPrograma A5 exterior_result

Te puede interesar