Chegan os contacontos ás bibliotecas municipais

As bibliotecas municipais dos barrios da Ponte, A Carballeira e San Francisco acollerán durante os meses de agosto e setembro sesións de contacontos para os máis cativos. Foron organizadas dentro do programa “Ler conta moito” que desenvolve a Xunta coa colaboración do Concello de Ourense. 

As inscricións pódense realizar chamando por teléfono ás propias bibliotecas de San Francisco (988 230 124), A Ponte (988 605 751) e A Carballeira (988 253 893).

A actividade pretende proporcionar unha oferta de lecer á rapazada dos barrios da cidade, e achegala aos contos, a lectura e as bibliotecas do Concello.

O número de prazas está limitado para garantir a distancia de seguridade. Será obrigatorio usar a máscara durante toda a sesión e desinfectar as mans co xel á entrada.

As bibliotecas xa reanudaron os seus servizos con capacidade limitada, e abren ao público de luns a venres de 9:00 a 14:00, adoptando as medidas de prevención determinadas pola Xunta para seguir controlando a pandemia. Estas limitan a capacidade das salas para garantir a distancia de seguridade, só se poden usar os postos con cadeiras e non está permitido movelas. A primeira sesión será en A Carballeira o día 7 co conto “O libro vivo”, e a derradeira o xoves 3 de setembro.

Te puede interesar