Senador por la provincia

Miguel Bautista, nuevo senador por Ourense: "Chego a Madrid nun momento complicadísimo"

O senador socialista Miguel Bautista.
photo_camera O senador socialista Miguel Bautista.
Exalcalde de Petín e novo senador do PSOE

Curtido no municipalismo gracias aos seus 20 anos coma alcalde de Petín, o socialista Miguel Bautista (1958) da o salto a política nacional. O fai coma senador, sustituíndo ao seu compañeiro  no PSOE ourensán Juan Carlos Francisco, que deixa a capital de España para ocupar  o escano no Parlamento de Galicia obtido o 12 de xullo. Tras asumir o seu cargo na Cámara Alta, Bautista xa pensa nun reto "ilusionante".

 "Afronto o reto ilusionado, con moitas ganas e, se permite, un pouco 'acojonado'.

 "É o Senado unha cámara útil? Poderei responder dentro dun ano. Agora podo ter algo de teoría, pero gustaríame responder cando teña algo de práctica".

 "Reunireime con todos os alcaldes socialistas da provincia antes do primero pleno do Senado".

 "Vexo ilusionante pasar do municipalismo á política nacional".

Asume un cambio político importante. Cales son as súas perspectivas como senador?
Afronto o reto ilusionado, con moitas ganas e, se permite, un pouco 'acojonado'. O vexo como unha experiencia moi ilusionante, pasar do municipalismo á política nacional. Supoño que haberá que pasar un pequeño proceso de adaptación a aquela nova 'casa'. Ademáis formarei parte do grupo de goberno, non somos oposición, que é o máis sencillo. 

Traballo non faltará, nun periodo político e social especialmente convulso.
Chego a Madrid nun momento complicadísimo. Antes de marzo, se lle contas o que estamos a vivir á xente, non o cree ninguén. Percíbese no día a día, veño de Madrid é nótase moita menos xente, outro clima. Compricóusenos a vida. No meu caso persoal, estaba xa preparado para iniciar esta nova etapa. Se a pandemia non chega a cruzarse no nosos camiños, as eleccións autonómicas estaban fixadas para abril e Juan Carlos entraría como parlamentario na Xunta.

Foron días de felicitacións? 
Recibín felicitacións, claro, de aquí do pobo e de diferentes compañeiros. Aínda que non son o primeiro senador de Petín eh. Xa o foi José Quiroga, o que fora segundo presidente da Xunta de Galicia tamén. E da comarca houbo algún máis. Socialista son o primero creo, eso sí.

Que lles diría ós que pensan que o Senado é unha cámara inútil.
Esa pregunta a poderei responder dentro dun ano. Agora podo ter algo de teoría, pero gustaríame responder cando teña algo de práctica e poder dicir se as cousas móvense ou non. Agora mesmo non o sei.

Cal é a súa axenda para as próximas semanas?
Tras acudir a Madrid, estou xa en Petín outra vez. Entrevisteime co subdelegado do Goberno e a idea agora é xuntarme con todos os alcaldes socialistas da provincia. Se non hai cambios, o día 8 de setembro será o primero pleno do Senado e quero chegar a esa data coas reunións feitas.

Te puede interesar