Chegou o AVE a Ourense (co desfile de Frei Canedo)

No día grande de Frei Canedo participaron labregos, leñadores, pitufos e outros grupos, que lle fixeron sitio a sarcástica alta velocidade

Chegou o AVE a Ourense! E tróuxoo o Entroido de Frei Canedo. O clásico desfile en A Ponte encheu as rúas de cor, música e algún que outro medio de transporte como "disfraz".

No día grande de Frei Canedo participaron labregos, leñadores, pitufos e outros grupos, que lle fixeron sitio a sarcástica alta velocidade. E a choiva tamén houbo que facerlle oco, pero non impediu a alegría neste luns de Entroido na cidade.

E pola noite, xuntanza nos solemnes comedores para honrar a Frei Canedo, cena medieval na Ponte Romana e baile de disfraces nocturno. 

Te puede interesar