Ciencias premia aos seus mellores estudantes

Alumnado da facultade de Ciencias, na súa graduación.
photo_camera Alumnado da facultade de Ciencias, na súa graduación.

A Facultade de Ciencias xa ten novas promocións. Celebraron o seu acto de graduación os universitarios dos tres títulos:  Enxeñaría Agraria, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Ciencias Ambientais.  Ademais, cada ano, aproveitando a celebración do acto de graduación, o centro entrega os seus premios aos mellores traballos fin de grao (TFG). Este ano entrega ademais o galardón á mellor fotografía sobre enxeñaría agraria dun certame organizado co gallo do patrón do centro. 

Os alumnos premiados son Rubén González, Andrea Parente, Laura Gallego e Xián Faro. Entre os traballos ganadores, houbo temáticas variadas: un estudo de aproveitamento xeotérmico da Burga de Canedo; unha avaliación do papel da vexetación forestal na transferencia ao solo de mercurio e un estudo dos cambios metabólicos dun lévedo como resposta á presenza dun funxicida.

En canto á imaxe gañadora do certame foi unha fotografía dunha abella acompañada do texto “Axudar a quen te axuda, querer a quen te coida. Traballar en conxunto”.

Te puede interesar