SINDICATOS

A CIG reparte os cargos da nova asemblea comarcal

Anxo Pérez Carballo asume o cargo de secretario comarcal, mentres o secretario de Organización e Finanzas será Manoel Anxo García Torres

A Confederación Intersindical Galega (CIG) levou a cabo o nomeamento dos diferentes cargos da nova executiva comarcal da formación sindical, nunha xuntanza levada a cabo o luns.

Anxo Pérez Carballo asume o cargo de secretario comarcal, mentres o secretario de Organización e Finanzas será Manoel Anxo García Torres. Alfonso Fernández Diéguez será o secretario de Eleccións Sindicais e Comunicación, ao tempo que Xulia González Pascual faíse cargo da secretaría da Muller e Xosé Rodríguez Díaz da de Acción Sindical e Negociación Colectiva. As vogalías corresponden a Belén Martínez Portela, Xosé Ramón Álvarez da Coba e Adelina Basteiro González.

En canto ás competencias, o secretario comarcal asume as súas propias máis as de Saúde Laboral. Ao secretario de Organización e Finanzas lle corresponden as de organización, persoal, afiliación, servizos, estruturas, infraestruturas, finanzas e asesoría xurídica, as campanhas non atribuídas á Acción Sindical e formación.

Alfonso Fernández ocuparase da coordinación das eleccións nas distintas estruturas da central, relacións cos medios de comunicación, medios propios de comunicación: páxina web, redes sociais ou propaganda. Xosé Rodríguez, pola súa banda, ocuparase da coordinación coas federacións e planificación en materia de acción sindical, negociación colectiva e organización e desenvolvimento das campanhas do 8 de marzo, 10 de marzo, 1º de maio e declaración da renda. Xulia López farase cargo das competencias da Secretaría da Muller.

Te puede interesar