Cincuenta novos residentes inician a súa formación como especialistas en Ourense

O número de residentes se amplía en 10 comparado co pasado ano

Catro meses despois do habitual, pola situación motivada pola pandemia en España, por fin os cincuenta novos residentes que se formarán como especialistas nos centros docentes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorrasdez mais que o pasado ano, incorporáronse hoxe ás súas unidades docentes.

Ademais da ampliación do número de residentes, entre as principais novidades, este ano por vez primeira ofértase formación en Cirurxía Vascular e Anxioloxía, Uroloxía, Medicina do Traballo e Saúde Laboral e Enfermería Especialista en Pediatría (EIR), nesta última con dous residentes.

A categoría mais numerosa seguen a ser as relacionadas coa Atención Primaria, con 14 novos residentes en Medicina Familiar e Comunitaria e tres de enfermería, que crece de dúas a tres prazasdas 9 asignadas a EIR, que contan ademais con Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona) Saúde Mental e Pediatría, con dúas prazas por especialidade.

As hospitalarias acollen este ano a 20 MIR das distintas disciplinas. Dez na Área Cirúrxica: con catro novos residentes en Anestesia e Reanimacióne un en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Oftalmoloxía, Otorrinolaringoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía e Uroloxía.

Na Área Médica, incorpóranse tres residentes en Pediatría, dous de Medicina Interna e Psiquiatría e un en Aparello Dixestivo, Hematoloxía, Nefroloxía, Medicina Intensiva Oncoloxía Médica e Psicoloxía ClínicaPola súa parte os Servizos Centrais, contarán este ano con un Análises Clínicos, Radiodiagnóstico, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Medicina do Traballo e Saúde Laboral.

No acto de benvida, que se debeu celebrar en tres sesións, os residentes recibiron as súas acreditacións como especialistas en formación, así como un documento de acollida e unha guía rápida co itinerario básico, con información de primeira necesidade sobre pasos a seguir, e do Hospital Universitario de Ourense, nos que todos eles iniciarán súa formación.

Te puede interesar