ÁREA METROPOLITANA

Un circo de compras, hoxe na "Noite Moucha" da Valenzá

Unha trintena de establecementos do comercio local de Barbadás estarán hoxe abertos ata a medianoite

Unha trintena de establecementos do comercio local de Barbadás estarán hoxe abertos ata a medianoite, no evento "Noite Moucha", co obxectivo de dinamizar as compras e promover actividades lúdicas. A temática elixida polos comerciantes é a do mundo do circo, para dar colorido e animar á xente a participar. Haberá unha "circus noria", inflables, obradoiros e animación circense infantil, entre a oferta para os máis pequenos.

A Valenzá distribuirase en sete zonas nesta "Noite Moucha". A zona La Cigüeña, Zocos Calviño, Valenmoble, Frutas Luci, Mimi Flores e Reale Seguros terá un photocall e bombiñas de millo, disco móbil desde al 18,00 horas, e unha Piñata Circus Maximus, ás 20,00 horas, e unha queimada ás 00,00 horas.

Na zona "Universo de Awen" haberá  unha clase aberta de ioga, a zona Peixe-peixe terña unha ceaw-baile infantil, a Móvete Galicia terá coreografías polas rúas, Twins Men contará cunha festa de pallasos con música e globoflexia, Pequechiños terá pintacaras  e “O Gato con botas” e “Mercería e moda Esperanza” contará cun espectáculo circense. 

Te puede interesar