FOLGA XUSTIZA

Coa xornada de folga deste mércores son 1510 os xuízos suspendidos na cidade ourensá

WhatsApp Image 2018-04-10 at 21.16.54_result
photo_camera Imaxe dunha das asambleas deste martes.

O seguimento do día 63 do paro foi, segundo Alternativas na xustiza CUT, do 80,38%

Durante a xornada de folga deste martes os traballadores de Xustiza realizaron concentracións e asambleas en Ourense, O Barco de Valdeorras e Trives. 

Segundo os sindicatos, o seguimento foi dun 80,38%, e súmanse 51 xuízos máis ao total dos suspendidos. Só na cidade o saldo negativo é de 1510 vistas xudiciais.

Os folguistas sinalan a "falta de interese da Xunta", despois de quince días sen organizar unha convocatoria para negociar. 
 

Te puede interesar