Coaching de alto risco no Parque Tecnolóxico

Demostración de 'arrowbreaking' nunha sesión anterior.
O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole acollerá o vindeiro día 20 a xornada de coaching extremo 'Desafíate', que se celebra en aberto por primeira vez en Galicia logo de pasar con éxito por varias grandes empresas en eventos corporativos pechados.
Trátase dunha iniciativa 'de máxima intensidade experiencial e motivacional, onde os participantes dispoñen da oportunidade de recoñecer, aceptar e superar algúns dos seus medos e limitacións autoimpostas'.

As dinámicas de alto impacto que os participantes nesta edición especial poderán experimentar son o 'glasswalking' (camiñar sobre cristais rotos cos pés descalzos) e o 'arrowbreaking' (romper unha frecha coa garganta). Os interesados podem inscribirse na propia Tecnópole.

Te puede interesar