Cogami segue crecendo e xa rexistra máis de 11.700 asociados

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) xa conta con 55 entidades membras, sendo a última incorporación a Asociación Párkinson Galicia- Coruña. Con esta nova entrada, a Confederación rexistra máis de 11.700 persoas asociadas ao seu movemento asociativo, converténdoa nunha das entidades con maior representación en Galicia. Desde a asociación recordan como "Cogami, naceu en A Coruña, Pontevedra e Ourense por mor da necesidade de organizar as diferentes entidades representativas da discapacidade, que ao seren de ámbito local, demandaban unha proxección que lles proporcionara maior visibilidade ante a Administración e ante a sociedade".

"En períodos de dificultades como o que vivimos agora mesmo, se remamos xuntos na mesma dirección seremos máis fortes para reivindicar dereitos,”, reivindica o presidente de Cogami Anxo Queiruga. 

Te puede interesar