Ourense

Limia de Gardón: "A colección de arte do Parlamento Galego ten que coñecerse"

Ourense

entrevista

Limia de Gardón: "A colección de arte do Parlamento Galego ten que coñecerse"

Xabier Limia de Gardón, fronte ao colexio Maristas da cidade (MARTIÑO PINAL).
photo_cameraXabier Limia de Gardón, fronte ao colexio Maristas da cidade (MARTIÑO PINAL).
O doutor en Historia da Arte e profesor de Maristas en Ourense Xabier Limia de Gardón firma os textos do volume "Colección de Arte del Parlamento de Galicia", un catálogo con máis de 300 obras que buscan unha apertura á sociedade.

O Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela, agocha dende a fachada ata o interior das súas dependencias unha valiosa colección de arte contemporaneo que agora dá un paso máis na súa difusión. O doutor en Historia da Arte e profesor de Maristas en Ourense Xabier Limia de Gardón firma os textos do volume "Colección de Arte del Parlamento de Galicia", un catálogo con máis de 300 obras que buscan unha apertura á sociedade. Limia de Gardón é tamén o autor da columna "Arte et alia" dende hai máis de dúas décadas, publicada cada luns en La Región. Cronista da vida cultural de Ourense, o historiador afronta a súa xubilación en Maristas despois dunha vida adicada á ensinanza. 

Como xorde a idea deste volume?

Da chamada do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, orixinario de Bande e un gran amante da arte. Esta é unha oportunidade de afondar nunha colección que está nun edificio público, que é de tódolos galegos, e darlle un coñecemento a posteriori dende a investigación.

É arte contemporánea?

Sí. Hai obras de artistas dos sesenta, setenta e incluso principios de século. A obra máis antiga que teñen é a Carta xeométrica de Galicia, obra de Domingo Fontán, é o mapa co que se lle puxo o rostro a Galicia. A partir de aí, hai obras de século XX e do XIX que foron facendo medrar a colección con doazóns, compras…

Cal é a pegada ourensá?

O Escudo de Galicia, bronce de Manuel Buciños, é a escultura que se ve na fachada, o símbolo de Galicia é obra dun ourensán. Tamén hai esculturas de Acisclo Manzano. Alí está presente Ourense dun xeito singular e particular.

Tamén hai obras de Quessada.

Si. A pintura de Quesada reflicte incluso a dor que el sabía que se producía en Vietnam, non quedaba circunscrito a Ourense. Doíalle o mundo. Era un home esponxa, así que hai moita obra del que se foi adquirindo e está alí no Parlamento. É un dos grandes que están alí representados.

Ou sexa que hai bastante “ourensanidade" no Parlamento galego.

Si, pero o máis significante é a importancia de onde estan situados. O caso de Quessada é extraordianario pola cantidade de obras e por onde están colocadas.

É suficientemente coñecida a colección de arte do Parlamento?

Non, porque está nun edificio político. O desexo do Parlamento é que se abra á sociedade e Santalices está empeñado niso. A idea é que as obras saian de aí, cunha colección selecta, por Galicia, e que se coñeza.

Como docente, a arte ten suficiente peso nos currículos educativos?

Dende que debuxen desde pequenos nos centros educativos, é importante. Para que se dean conta de cómo a arte fala e vela no contexto.

Que queda daquel Ourense chamado a Atenas de Galicia? Hai aínda movemento cultural en Ourense?

Non cambiou e cambiou moito. Eu son parte desas brasas da Atenas de Galicia porque vivín dende neno nese mundo. De neno asistín a unha conferencia de Otero Pedrayo, algunha vez coincidín con Blanco Amor e Virxilio. Foi un mundo de xente culta que non quedou pechada no seu pazo de cristal, foi introducindo o seu pensamento de cara á sociedade. E o noso mundo é atlántico, cara a América. Esa xente foi morrendo. Ser ourensán significa que amas a túa terra e significa darse conta da riqueza de Ourense. Como docente, se queres explicar dende a Prehistoria ata as vangardas, hai material en Ourense. 

Más en Ourense