Ourense

Coles aproba unha RPT que recolle 16 postos de traballo

Ourense

emprego

Coles aproba unha RPT que recolle 16 postos de traballo

O Concello distribúe aos traballadores nunha nova estrutura a través de cinco departamentos

O pleno do Concello de Coles aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT), logo de atender de forma parcial tres das alegacións presentadas durante o periodo de exposición pública. A estrutura actual do persoal do Concello consta de tres funcionarios e nove postos de persoal laboral. O que a modificación da RPT agora aprobada defintivamente cambia son as funcións dalgúns postos, para adecualos á realidade. 

O administrativo trocará por administrativo de tesourería; o auxiliar de xulgado de paz  por un auxiliar de servizos, para ampliar o seu espectro máis alá do xulgado de paz; o operario e vixilante do embarcadoiro por un operario de servizos varios; e un peón de axuda a domicilio por un auxilliar  de axuda no fogar. 

Ademais, a RPT presenta unha nova estrutura en cinco departamentos: Secretaría e Intervención, Tesourería, Emprego e Desenvolvemento Local Urbanismo, Infraestruturas e Servizos, e Benestar social.

En Secretaría-Intervención haberá tres funcionarios; en Tesourería será un técnico e un administrativo; en Emprego, un técnico; en Urbanismo, un arquitecto técnico e dous oficiais, así como tres limpadores e un conserxe; e en Benestar Social, tres auxiliares de axuda no fogar. 

Más en Ourense