homenaxe

Coles homenaxea este domingo á banda de música Santádega polos seus 10 anos

A entidade celebrará o seu décimo aniversario  cun concerto no Auditorio municipal, ás 19 horas

O Auditorio de Coles acolle mañá os actos do X aniversario da Banda de Música Santádega,  fundada no 2008, na que colabora o Concello.  "O rexurdir da música é un feito nesta zona, e a banda converteuse nun axente social e dinamizador deste concello", asegura o alcalde do municipio, Manuel Rodríguez. Para o rexedor colés, a cultura musical "está consolidada despois dun laborioso traballo durante estes dez anos". 

A entidade celebrará o seu décimo aniversario mañá, ás 19,00 horas, cun concerto no Auditorio municipal no que, segundo din desde o Concello, se agarda unha "grande afluencia de público".No acto estarán presentes non só os compoñentes actuais, baixo a dirección de Roberto Iglesias, senón que se espera a presenza de moitas das persoas que pasaron pola banda nas etapas anteriores. 

Te puede interesar