Coles incorpora 280.000 euros ao seu orzamento

O Concello de Coles aprobou recentemente unha modificación do seu orzamento de case 280.000 euros para destinalos, principalmente, a infraestruturas viarias. Esta modificación orzamentaria, con cargo ao remanente de tesourería, ten seis diferentes partidas: a máis importante -de case 200.000 euros- destinarase a inversións en mantemento e renovación de vías públicas de titularidade municipal. Ademais, tamén en materia de obras, destinaranse 18.600 euros á execución dun parque infantil no núcleo de Pol.

O resto de investimentos atinxen ao custo da enerxía, que, coa alza dos prezos, fixo que se tiveran que incorporar ata 40.000 euros extra para poder sufragar o importe inicialmente previsto. Ademais, destinaranse 10.500 euros á compra de equipamento informático, 8.000 ao funcionamento de centros docentes e 6.000 a “outros gastos” relacionados con temas de urbanismo ou planeamento.

Te puede interesar