melloras

Coles investirá 100.000 euros para melloras en Gustei

No caso da rede de saneamento, proxéctase unha renovación integral, co pozos de rexistro novos e sumidoiros na calzada a carón de cada pozo

O Concello de Coles sacou a concurso as obras necesarias para instalar a rede de saneamento e pluviais na rúa da Eirexa e un novo asfaltados nas rúas da Eirexa e Cruz, ambas no núcleo de Gustei, así como para o asfaltado da vía, nun proxecto cuxa execución ascende a 98.000 euros. 

A rúa da Eirexa é actualmente compartida por vehículos e peóns, creando un certo "caos", sobretodo os días de asistencia á misa na igrexa de Santiago de Gustei. 

A raíz deste problema, preténdese separar o tráfico rodado do peonil mediante o pintado dunha liña de 15 centímetros de ancho con pintura branca. 

Esta liña permitirá que o resto da rúa sexa empregada para o tráfico de vehículos. Na rúa da Cruz, saída de Gustei en dirección a Sartedigos,  proxéctase un firme de formigón impreso con contorno de pedra de granito, acorde coas edificación tradicionais.

Ademáis, presenta numerosos baches e agretamento. As redes de sanemaneto son moi antigas e provocan atascos frecuentes. 


Renovación integral


No caso da rede de saneamento, proxéctase unha renovación integral, co pozos de rexistro novos e sumidoiros na calzada a carón de cada pozo. Conectarase coas redes existentes na marxe da estrada OU-0150. 

Te puede interesar