EMPLEO PÚBLICO

Coles volve sacar a información pública a RPT do Concello

A aprobación inicial da relación de postos de traballo retrasarase unha semana máis, ao aumentar o prazo de alegación

A Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Coles vén de saír de novo a información pública, logo da súa aprobación no pleno municipal do pasado mes de xaneiro. Este expediente estivera en exposición xa 15 días, logo de ser publicado no Boletín Oficial da Provincia do 28 de xaneiro. Unha vez transcorrido ese prazo,  o alcalde, Manuel Rodríguez, tivo que ampliar o prazo, que se estenderá desde este vindeiro luns e ata o venres da semana que vén, é dicir, cinco días máis, para cumprir así os requisitos que marca a lei.

Deste xeito, a aprobación inicial da RPT demorarase unha semana máis, para que os interesados poidan realizar alegacións. 


Os cambios


As modificacións que recolle este novo documento de organización dos traballadores do Concello de Coles procuran, segundo se recolle no documento  aprobado na mesa xeral de negociación, "acadar a medio prazo un maior grao de tecnificación e cualificación da administración municipal". 

Neste senso, cambiarase o posto de administrativo por un de administrativo de tesourería; cambiarase o auxiliar de xulgado de paz  por un auxiliar de servizos; o operario e vixilante do embarcadoiro por un operario de servizos varios; e un peón de axuda a domicilio por un auxilliar  de axuda no fogar. 

Tamén se recolle a creacion dun auxiliar de servizos varios para ser desempeñado en segunda actividade. 

Esta RPT vén de elaborarse, segundo se indica desde o Concello, pola "urxente necesidade" de crear unha estrutura xerarquizada adecuada, e de "racionalizar" a administración. 

Te puede interesar