Os colexios da Mancomunidade desenvolverán un obradoiro do 8M

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño pon en marcha un obradoiro durante a semana do 8 de marzo con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller. Esta actividade está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, 8M Somos diferentes, somos iguais. 

Nesta iniciativa, destinada a nenos de entre 3 e 12 anos de idade, farase entrega dun kit educativo-creativo para a realización dunha actividade en familia, contando coa colaboración dos C.E.I.P dos concellos mancomunados para a entrega, recollida e exposición dos traballos realizados. Do mesmo xeito, contaremos coa colaboración das familias para que acompañen, apoien e animen aos rapaces na súa realización.

A actividade levarase a cabo en Beariz, Boborás, Irixo, San Amaro e Piñor, máis concretamente, nos centros educativos de cada un dos municipios e nos fogares de cada unha das familias. No caso do Concello de Piñor, as familias poderán acudir a recoller o seu kit nas dependencias municipais do 2 ó 5 de marzo en horario de 08,30 a 15,00 horas.

Te puede interesar