CULTURA

Corpo e historia fúndense no complexo de San Francisco

A sexta edición do ciclo "Danza no Claustro" terá lugar os próximos 20, 21 e 22 de xuño 

A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellería de Cultura da cidade ourensá presentaron durante a mañá deste luns a programación da sexta edición do "Danza no Claustro", un ciclo que traerá a 16 artistas de Costa Rica, México e España. 

Tal e como indicou Erick Jiménez, de SóLODOS, esta "é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo e ensalzarán a beleza do conxunto a través dos seus corpos". Ademais, o público asistente desenvolve un papel crucial durante a escenificación das pezas.

A asistencia aos espectáculos é libre e gratuíta.

Te puede interesar