Comunicado íntegro del Concello de Ourense sobre el incendio en la central de Velle

Estado del lugar, una vez extinguido el fuego.
O Concello felicita a tódolos profesionais que coa súa profesionalidade e dilixencia permitiron extinguir o incendio da central de Velle. O incendio quedou extinguido ás 13:58 horas de hoxe.
Ourense, 24 de decembro de 2009

O Concello de Ourense quere expresar a súa máis sinceira felicitación e agradecemento a tódolos profesionais que, co seu traballo dilixente, coordinado e inmediato permitiron extinguir ás 13:58 horas o incendio da central eléctrica de Velle e evitar que tivera peores consecuencias, pincipalmente para o abastecemento da cidade.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, expresou a súa felicitación polo traballo realizado ós profesionais do Corpo de Bombeiros do Concello de Ourense, tanto ós 12
efectivos que formaban a quenda operativa cando se produxo o sinistro, e a tódolos membros do servicio municipal, que voluntariamente, sen excepción, se puxeron a disposición do operativo, así como á Policía Local, Protección Civil, técnicos de Medio Ambiente, Confederación Hidrográfica,
empresa concesionaria do servicio de de limpeza Urbaser, e traballadores da propia empresa Gas Natural.

Secuencia de feitos


A primeira chamada de alerta recibiuse na central de Bombeiros do Concello de Ourense ás 10:22 da mañá, ratificada por outras do 112 minutos despois.

En pouco menos de 2 minutos fixeron presencia as primeiras dotacións do Corpo de Bombeiros do Concello de Ourense verificando que se rexistrara un incendio no primeiro transformador da planta de xeneración da central
eléctrica de Velle, propiedade de Gas Natural, comezando inmediatamente o protocolo de emerxencia coa activación de tódolos recursos de extinción e situando no lugar a quenda completa de bombeiros con 7 dotacións de extinción e vehículos articulados.

Inmediatamente comezaron as tarefas de enfriamento do transformador incendiado, que albergaba no seu interior
12.000 litros -segundo as primeiras estimacións de campo- de aceite. O tratamento aplicado foi o enfriamento por rociado de auga con espuma específica que se aplica desde tódolos puntos anteriores e posteriores do transformador

Paralelamente, dende o Concello de Ourense deuse conta e procedeuse a coordinar tódolos organismos de emerxencia implicados, informando a Protección Civil, Confederación Hidrográfica, Xunta de Galicia, mantendo a dirección da extinción cos responsables locais de Gas Natural.

En torno ás 11:00 horas, o dispositivo comezou a poder reducir por enfriamento as lapas que afectaban ó transformador garantizando a acotación do lume do transformador afectado e evitando que se extenderá ós
colindantes

Personado no lugar, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, xunto cos concelleiros de Seguridade, Fernando Varela e Medio Ambiente, Demetrio Espinosa supervisaron os traballos de extinción que en torno ás 11:30 horas xa xeraban expectativas de control da situación a xuízo dos técnicos de Bombeiros.

A actuación centrouse entón en continuar enfriando o aceite no tansformador e evitar calqueira tipo de contaminación por unha eventual fuga. Neste sentido, a empresa e os bombeiros verificaron que estes 12.000 litros fluían controladamente a un depósito de emerxencia ubicado
baixo a central con capacidade para albergar 40.000 litros.

Dende a Confederación, cuxos responsables se presentaron inmediatamente no lugar, e a Concellería de Medio Ambiente procedeuse a coordinar as labores para o inmediato tendido -completado xa no entorno do mediodía- de 3 barreiras de
seguridade na cabeceira da empresa de Velle para acotar calqueira presencia das espumas de extinción na auga.

Neste sentido, o alcalde foi tamén informado polos responsables de Comisariado de Augas, técnicos do Concello e da empresa concesionaria do abastecemento, Aquagest, que a salubridade está completamente garantizada no suministro da cidade ó estar neste momento ó 100% a captación do río
Loña.

Polo que respecta ós problemas derivados para o suministro eléctrico da cidade, a cuasa do incendio, o alcalde foi informado de que os intrínsecos do funcionamento da central están sendo atendidos por 2 grupos electróxenos dos que dispuxo a empresa. En canto ós cortes operativos
producidos esta mañá na cidade, responsables da empresa expresaron ó alcalde as súas expectativas de poder garantizar a normalidade do suministros.

O incendio quedou extinguido ás 13:58 horas de hoxe.

Te puede interesar