Empleo

O Concello de Amoeiro busca un novo auxiliar administrativo

O Concello de Amoeiro vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para un posto de auxiliar administrativo. Este prazo durará cinco días hábiles desde o día de hoxe, trala publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia durante a xornada de onte.A convocatoria funciona mediante un sistema de concurso-oposición, e a persoa contratada traballará como funcionario interino a xornada completa para substituír á funcionaria que ocupa este posto na actualidade. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na devandita sede electrónica e, no seu caso, no taboleiro de anuncios. Mediante esta oferta de traballo, agardan mellorar na xestión do municipio. 

Te puede interesar