URBANISMO

Concello e asociacións cruzan puntos de vista no eido do PXOM

img_0667_result
photo_camera Alcalde, edil de Urbanismo e representantes das asociacións, momentos antes da xuntanza. (MARCOS ATRIO)

CEO, Cámara de Comercio, Fincas Urbanas, Promotores Inmobiliarios, C.C. Aberto e os colexios de Construtores e Aparelladores, entre outros, amosaron a súa disposición a colaborar

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, reuníronse esta mañá con representantes de ata dez colectivos empresariais e profesionais da cidade para intercambiar impresións e puntos en comúns sobre a proposta do novo plan de urbanismo que redacta o Concello. Logo de escoitar as propostas de centos de persoas individuais e colectivos da cidade, así coma do resto dos grupos políticos representados no Pleno, o Concello quixo tamén coñecer a opinión de asociacións coma a CEO, a Cámara de Comercio, Fincas Urbanas, Promotores Inmobiliarios (APIs), Centro Comercial Aberto ou os colexios de Construtores e Aparelladores, entre outros.

Da man do concelleiro José Cudeiro, a postura municipal foi a de chegar "á máxima concreción" para que o plan de ordenación teña a máxima seguridade posible. Neste sentido, os colectivos profesionais amosaron a "máxima disposición a colaborar".

'Equitativo, xestionable e seguro' son as tres cualidades que, en opinión dos colectivos reunidos no Concello esta mañá, debe ter o novo plan urbanístico. O obxectivo común é que o novo plan, que substitúa ao do 86, poida responder ás posibilidades de futuro da cidade. Neste sentido, o Concello valorou moi positivamente as achegas deste colectivo, tan relacionado co urbanismo.

Te puede interesar