CONCELLO DE OURENSE

O Concello destina 400.000 euros para obras de mellora viaria

A xunta de goberno local aprobou onte a realización de obras de reparación no edificio de vivendas ubicado na avenida de Zamora número 147 e na avenida da Universidade Laboral, número 2-4.

A xunta de goberno local aprobou onte a realización de obras de reparación no edificio de vivendas ubicado na avenida de Zamora número 147 e na avenida da Universidade Laboral, número 2-4. O importe da obra é de 40.000 euros. Xa fora do orde do día, deuse o visto bo á execución das obras de mellora viaria no camiño de Os Ponxos, nas rúas do barrio de O Peliquín, na praza Somoza Fiunte (Eirasvedras), no Camiño de Abaixo (A Loña) e nas rúas Cega e Pendello en Rairo. Estarán rematadas antes de final de ano por un custe de 360.000 euros.

Te puede interesar