cidade

O Concello de Ourense aplica en varias rúas un tratamento antideslizante

As rúas Bernardo González Cachamuíña, Curros Enríquez e a praza Eduardo Barreiros centran os traballos, por agora

O Concello aplicou un tratamento químico de superficies minerais para garantir a seguridade de diversas rúas da cidade. Trátase dunha medida que busca que sexan antideslizantes incluso en estado húmido, debido a creación de pequenas microcavidades que producen un efecto ventosa. 

As accións de mellora centráronse na rúa Bernardo González Cachamuiña, entre a Avenida Otero Pedrayo e a rúa Telleira; na Praza Eduardo Barreiros, na esquina Sáez Díez lateral dereita en sentido de baixada; e na Curros Enríquez, entre Sáez Díez e Eduardo Barreiros. 

O tratamento, executado dende a Concellería de Infraestructuras, "está pensado para garantir a seguridade en zonas onde se convirten nun risco por resbalóns cando están mollados. Tendo en conta as queixas recibidas, damos resposta comezando nestas rúas e ampliaranse a outras da cidade onde se teñen rexistrado incidentes", explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. 

O procedemento realizado a semana pasada, ó ser químico, caracterízase por non alterar a beirrarúa. Posto que, o antideslizante 2CV840 é específico para superficies minerais como baldosas, cerámica, gres, granito, pedras, terrazo e formigón. 

O Concello xa intervira, o ano pasado, na rúa Dalí para arranxar o pavimento escorregadizo. Os traballos requerirán, naquel intre, de maquinaria específica para actuar sobre a superficie das baldosas. 

A rúa Dalí, situada no barrio do Couto, foi escollida hai un ano para iniciar ás actuacións no pavimento resbaladizo debido a que "se constatou o problema de deslice e caída en ambos lados e polo volume de xente que a transita", tal e como apuntou Jesús Vázquez, en febreiro de 2017. 

Asimesmo, os traballos faránse extensibles a outros puntos da cidade dos que tamén se ten constancia de caídas dos veciños por culpa do pavimento deslizante. Entre as explicacións posibles para que se den estos feitos está a coincidencia de que todas esas rúas teñan o mesmo tipo de pavimento, correspondente a obras de fai entre oito e 10 años.

Te puede interesar