PATRIMONIO

O Concello de Parada de Sil recuperou o Muíño de Portela

sse_result
photo_camera Imaxe do muíño e o seu entorno.

Trátase dun proxecto que se encadra nun programa que ten como obxectivo "recuperar a memoria como base para construir un bo futuro", segundo sinalan fontes municipais

O Concello de Parada de Sil ven de rematar as obras de recuperación dun muíño de auga situado na localidade de Portela, un proxecto que se encadra nun programa que ten como obxectivo "recuperar a memoria como base para construir un bo futuro", segundo sinalan fontes municipais.

Para o desenvolvemento desta iniciativa, o Concello contou coa colaboracion da Consellería de Medio Ambiente, que aportou cerca de 25.000 euros. As obras consistiron la recuperacion do citado muíño de Portela, que conta cunha conducción de auga de máis de 150 metros de lonxitude, o que segundo as fontes municipais, permitirá facer demostracións de como se moía tanto o trigo como o centeo. Deste xeito, o Concello ten prevista a confección dun panel para instalar la zona no qu ese explicará cómo era a moenda.

Este muíño adópase, ademáis, na ruta de sendeirismo PRG-98, constituíndo un novo elemento de atracción desta ruta, que xa conta desde hay dous meses con paneis sobre flora e fauna, con antenas e códigos QR que permite escoitar o canto dos paxaros.

Te puede interesar