CÁMPING UNTES

O Concello reclamará ante o Xulgado que se lle permita acceder ao cámping de Untes

Se a anterior concesionaria volve a rexeitar a petición, o Concello requerirá ante o Xulgado que se lle permita entrar para poder cuantificar os danos e os custes das reparacións precisas 

Debido a que o Concello, a día de hoxe, non pode acceder a esta instalación municipal, volverá a solicitar acceso á anterior concesionaria. Se volve a ser rexeitada a petición, o Concello requirirá ante o Xulgado que se lle permita entrar para poder avaliar o estado do cámping e cuantificar así os danos e os custes das reparacións que serán precisas para a súa posta en funcionamento.

A Xunta de Goberno do pasado 20 de xullo, acordara resolver o contrato asinado polo Concello o 15 de maio de 2009 con Aspanas Termal SLU, polo que se lle adxudicara a concesión da xestión do servizo público de conservación, mantemento e explotación do cámping de Untes.

Esta situación foi abordada esta mañá cos membros da Asociación de Veciños de Untes, aos que o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, lles explicaron a situación que existe, a día de hoxe, respecto ao cámping Municipal de Untes.

“Este Goberno non cesará no empeño de acadar a posta en marcha desta instalación municipal, co fin da súa posta en valor e da creación de emprego, dando un servizo fundamental para a proxección turística da cidade”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez, quen lembra que “xa estamos dando pasos para que todo esté a punto, como é o arranxo da senda peonil a cargo da Confederación Hidrográfica ou o acceso ao camping desde a N-120, para o que o Ministerio de Fomento xa ten redactado o proxecto e agora atópase en proceso de licitación”.

Te puede interesar